1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº expediente: 32112/250.
2. Obxecto do contrato: descrición: peonalización e humanización da rúa López de Neira en Vigo.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: 120 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 136.400,25 euros.
5. Garantías: provisionais: non se esixe.
6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo E, subgrupo 7, categoría b; grupo G, subgrupo 6, categoría b.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións:
11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.
12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 4 de novembro de 2002.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde