Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 4 de novembro de 2002, do organismo autónomo municipal Vigo Zoo, do prego de cláusulas administrativas para a contratación por concurso dos servicios de expendeduría de billetes nas instalacións deste organismo autónomo.

Folla de especificacións:

a) Obxecto do contrato, referencia ó proxecto e necesidades administrativas que se van satisfacer: concurso dos servicios de expendeduría de billetes nas instalacións do organismo autónomo municipal Vigo Zoo.

b) Orzamento de licitación máximo: 58.720,20 euros polos dous anos.

c) Financiamento:

Aplicación orzamentaria: 452.3.227.06.04 prestación de servicios de expendeduría de billetes do orzamento de 2003.

d) Revisión de prezos: procederá a primeira revisión de prezos transcorrido un ano desde a data de inicio do contrato.

e) Forma e contido da proposición: segundo a cláusula 11 do presente prego de cláusulas administrativas.

f) O Lugar, a data e a hora de apertura de proposicións: na Casa do Concello de Vigo ante a Mesa de Contratación de Vigo Zoo, o 1º martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 10 horas. Se coincidise en día non hábil ó de apertura de plicas ou se, por causas de forza maior, non podera ter lugar, este terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

g) Criterios de adxudicación do concurso:

-Menor prezo ofertado: 5 puntos.

-Melloras en relación coa forma de presta-lo servicio obxecto do contrato: 5 puntos.

-Cualificación debidamente acreditada da persoa encargada do servicio, especialmente os seus coñecementos informáticos a nivel de usuario, ata 2 puntos.

-Maior cobertura do seguro de responsabilidade civil respecto á mínima esixida polo prego, ata 2 puntos.

h) Prazo de execución: comezará ó día seguinte da sinatura do contrato e terá unha duración de dous anos, que poderá prorrogarse logo de acordo do Consello de Administración por outros dous.

i) Garantías:

-Garantía provisional: non se esixe.

-Garantía definitiva: o adxudicatario deberá constituí-la fianza definitiva no prazo de quince días hábiles seguintes ó do recibimento da notificación de adxudicación, por importe do 4% do prezo do contrato.

k) Importe máximo de gastos de publicidade da licitación:

O adxudicatario estará obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación en diarios oficiais e medios de comunicación e os de adxudicación. O importe máximo dos anuncios é de 600 euros.

Vigo, 4 de novembro de 2002.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo municipal

Vigo Zoo