Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico de Bouzas (expediente 5826/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 30 de setembro de 2002 adoptou entre outros o acordo de aprobar definitivamente o Plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico de Bouzas, de iniciativa municipal, redactado pola arquitecta Mª Asunción Leboreiro Amaro (expediente 5826/411), conforme a nova documentación reformada presentada, que incorpora as modificacións derivadas da estimación das anteriores alegacións; as modificacións resultantes dos requirimentos municipais sobre axuste dos aproveitamentos lucrativos do solo urbano non consolidado ó aproveitamento tipo fixado no expediente de modificación puntual do expediente de reparación de deficiencias na adaptación do PXOU de 1988 á LASGA, no ámbito do PERI II-09 Bouzas e a supresión da unidade reparcelable para o solo urbano consolidado, da área de tanteo o retracto para todo o ámbito e da referencia á creación da Oficina de Información, Xestión e Asesoramento; e, igualmente, as correccións, documentación,

planos, xustificacións e rectificacións requiridos polo director xeral de Urbanismo e a Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra nos informes preceptivos emitidos no expediente. Documentación reformada constituída polos seguintes documentos: memoria informativa, de xaneiro de 1999; anexo de recollida de información, de xaneiro de 1998, con plano de cuarteiróns de decembro de 2001; planos de información e planos de avance, de xaneiro de 1998; plano de aprobación inicial de xaneiro de 1999; informe de suxestións, de xullo de 1998; informe técnico ás alegacións presentadas no trámite de información pública do expediente, de outubro de 2000; memoria xustificativa, de agosto de 2002; normativa urbanística, de agosto de 2002; fichas de planeamento, de decembro de 2002 e fichas rectificadas das edificacións sinaladas cos números 22 da alameda de Suárez Llanos (páx. 224) e 13 e 19 da rúa Paulino Freire (páxs. 375 e 440), de maio de 2002; orden de prioridades, de decembro de

2001; avaliación económica, de maio

de 2002; planos de proxecto, de decembro de 2001; maio de 2002 (planos número 2-2; 4-2; 5-2; 6-2; 7-2; 8-2; 9-2; 10-2; 10-13; 10-14; 10-17; 10-20; 10-21; 10-24; 10-25; 10-28; 10-29 e 12); e agosto de 2002 (1-2; 3-1; 3-2; 11; 13 e 14).

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo que ponen fin á vía administrativa poderá interpoñerse o seguinte recurso:

Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo