Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E.IV-09 Ramón Nieto 3 (expediente 4307/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 19 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-lo recurso de alzada interposto por Manuel García Rodríguez e Mª Mercedes Liste Villar contra o acordo do 4-9-2001 da xunta de compensación da U.E.IV-09 Ramón Nieto 3 de aprobación previa do proxecto de urbanización dese polígono, polos motivos sinalados na parte expositiva deste acordo.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E.IV-09 Ramón Nieto 3, redactado pola arquitecta María Asunción Leboreiro Amaro, visado polo COAG nos días 6-3-2002 e 22-4-2002 (expediente 4307/401).

Terceiro.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como notificación individualizada do contido íntegro deste acordo ós recorrentes, xunta de compensación e propietarios incluídos no ámbito do proxecto de urbanización.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte da derradeira publicación. O expediente está ó dispor do público no Departamento

de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 7 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo