Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (DPO 1/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 27 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación da delimitación do polígono POL H4.02, promovida por Cándido Iglesias Carballido e outros, S.C.

Segundo.-Notificarlles ós propietarios afectados.

Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación, ou, noutro caso, no de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 15 de outubro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo