Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

EDICTO.

Aprobada a oferta de emprego público complementaria deste concello, correspondente ó ano 2002, segundo publicación efectuada no BOP e DOG, e aprobadas as bases que rexerán a provisión dunha praza de auxiliar administrativo para cubrir por quenda libre, sistema de concurso-oposición, publicadas integramente no BOP da Coruña número 255, do 7 de novembro de 2002, fanse públicas nos termos publicados no citado BOP.

Cedeira, 12 de novembro de 2002.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente