Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 8 de novembro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle das unidades de actuación 4.3 e 4.4 das previstas nas normas subsidiarias de planeamento municipal, promovida por Bernardo Blanco Castro e redactada polos arquitectos Teodoro de Francisco Antes e Javier Rial Lemos, con visado colexial do 27 de xuño de 2002, de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes desde a súa publicación ou ben recurso contencioso-administrativo, diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se coide pertinente.

Cangas, 11 de novembro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde