Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 8 de novembro de 2002 adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento en San Roque-Darbo promovida por Feyju Galicia, S.L., de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes desde a súa publicación ou ben recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que

poida exercer calquera outro recurso que estime pertinente.

Cangas, 11 de novembro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde