Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 7 de novembro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Someter a información pública a aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación nº 1 das previstas nas normas subsidiarias de planeamento municipal, promovido pola comisión xestora da unidade de actuación 1-Supema, S.L., redactado polo arquitecto Gumersindo Vázquez Gómez, con visado colexial do 1 de outubro de 2002, polo período dun mes inserindo para tal efecto anuncio no DOG, e nun dos diarios de maior circulación da provincia, para os efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen convenientes, servindo este anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 8 de novembro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde