A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 8-10-2002, acordou aprobar inicialmente o expediente de fixación de sistema de actuación (cooperación) e delimitación do ámbito da UA 1.2 das NN.SS., sita en Torroal-Meicende, o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, e presenta-las alegacións que coiden convenientes.
Ó mesmo tempo, e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún,
ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e o alcance que se prevén no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 16 de outubro de 2002.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira teniente de alcalde