Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto de servicios, por tramitación urxente, para o servicio de vixilancia de seguridade nos PAC de Guntín, Becerreá, A Fonsagrada e Guitiriz, dependentes desta xerencia. (C.P. 5/2002).

O director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita:

1. Obxecto e orzamento.

1.1. Contrato do servicio de vixilancia de seguridade nos de Guntín, Becerreá, A Fonsagrada e Guitiriz, dependentes desta xerencia, por un orzamento total estimado de 242.430,69 euros, IVE incluído.

12 meses do ano 2003.

6 meses do ano 2004.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar desde a formalización deste, estando prevista o día 1-1-2003. O contrato ten unha duración de dezaoito meses e admite prórroga nos termos previstos no artigo 198 do TRLCAP.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten

4. Solvencia económica, financeira e técnica.

Igual que na folla de especificacións técnicas.

5. Clasificación económica.

Igual que na folla de especificacións.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que na folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse no Servicio de contratación da Xerencia de Atención Primaria, praza de Ferrol, nº 11-4ª planta. 27001 Lugo, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono 982 29 63 29, fax 982 29 62 28, ou a través da páxina web do Sergas: http://sergas.es durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Garantías esixidas.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Lugo antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. En caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta do axdudicatario do contrato.

Lugo, 22 de outubro de 2002.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director gerente de Atención Primaria de Lugo