Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación dunha asistencia técnica para a realización dun estudio de comercio internacional.

En cumprimento da legalidade vixente anúnciase concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a realización dun estudio de comercio internacional.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 12/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización dun estudio de comercio internacional, conforme o especificado na cláusula 3 dos pregos de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: 6 meses desde a sinatura do contrato, prorrogables por acordo expreso das partes por tres meses máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación. Importe total 133.000 euros.

5. Garantía provisional: 2.660 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: contar con suficientes medios materiais e persoais para a prestación da asistencia

técnica obxecto da contratación, acreditado segundo os medios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: as catorce horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio do concurso no DOG. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

En sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que deben ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de proposicións, procederase en acto público á apertura das ofertas técnicas e económicas.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: 800 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratación.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica