Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de limpeza de diversos centros dependentes desta delegación provincial.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para proceder á contratación dos servicios de limpeza de diversos centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Números de expediente: 01/03, 02/03 e 03/03.

2. Obxecto.

Contratación dos servicios de limpeza.

Expte. 01/03: residencia de maiores As Gándaras de Lugo.

Expte. 02/03: residencia de maiores de Burela.

Expte. 03/03: Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria.

3. Prazo de execución: 1 ano.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación.

Expte. 01/03: servicio de limpeza da residencia de maiores As Gándaras de Lugo, 210.000 A anuais.

Expte. 02/03: servicio de limpeza de cristais da residencia de maiores de Burela, 12.600 A anuais.

Expte. 03/03: servicio de limpeza do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria, 69.600 A anuais.

6. Garantía provisional.

Expte. 01/03: 4.200 A.

Expte. 02/03: 252 A.

Expte. 03/03: 1.392 A.

7. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderanse solicitar na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Asuntos Sociais (Ronda da Muralla, nº 70, 2º, baixo), durante o prazo de presentación de propo

sicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, excepto sábados. Teléfonos: 982 29 41 01 ou 982 29 44 50.

Así mesmo, poderase obte-la mesma información a través da Internet nos enderezos URL:

Expte. 01/03: http://www.xunta.es/contratacion/re-

sultado.asp?N=2011.

Expte. 02/03: http://www.xunta.es/contratacion/re-

sultado.asp?N=2012.

Expte. 03/03: http://www.xunta.es/contratacion/re-

sultado.asp?N=2013.

8. Requisitos do contratista.

Clasificación, solvencia económico-financeira e solvencia técnico-profesional: ver números 12, 13 e 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: será de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que presentarán os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (Rolda da Muralla nº 70, 27071 Lugo), en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, terán que xustificarse a data de presentación e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

10. Apertura de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, na sala de reunións da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Asuntos Sociais, sita na Rolda da Muralla nº 70. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

11. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

12. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 8 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 19-12-2001)

Ascensión Yeguas Sánchez

Delegada provincial de Lugo