Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios OU 386/2002 IN e OU 476/2002 IN, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, os documentos, as informacións ou a proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 28 de outubro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 386/2002 IN.

Denunciada: Ana Aurora dos Santos.

DNI: X-2453754-E.

Último enderezo coñecido: San Eufrasio nº 148-1º 27002 Lugo.

Feito denunciado: abandono de vehículo, LU-8285-G.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais.

Sanción: 300,51 A (50.000 ptas.).

Expediente: OU 476/2002 IN.

Denunciada: María Cristina Bravo Llamas.

DNI: 09754604.

Último enderezo coñecido: Santa Ana, nº 3 León.

Feito denunciado: abandono de vehículo, LE-4414-F.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais.

Sanción: 300,51 A (50.000 ptas.).