De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións á Lei de pesca 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto).
Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, os documentos, as informacións ou a proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.
De non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolve-los presentes expedientes no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ós interesados producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.
Para resolve-los expedientes é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería.
O pagamento voluntario porá fin ós expedientes. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.
Ourense, 25 de outubro de 2002.
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente nº/ano: OU 123/2002-P.
Denunciado: Jardelino Fernández Carbalho.
DNI: 5963988.
Último enderezo coñecido: Guimaraes (Portugal).
Feito denunciado: ceba-las augas co fin de pesca. Non levar consigo a licencia de pesca.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º e 34.14º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1997.
Sanción: 360,62 A, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.