Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de caza OU-064/2002-C, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre caza 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xuño).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar de achegar por escrito as alegacións, os documentos, as informacións ou a proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectivas empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 25 de outubro de 2002.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 064/02 C.

Denunciado: Ángel Salcedo Matamoros.

DNI: 51848229-L.

Derradeiro enderezo coñecido: estrada de Laza, 66, 32600 Verín, Ourense.

Feito probado: cacería nocturna desde o interior dun vehículo, coa escopeta cargada e utilizando fontes luminosas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 59.8º, 12, 61 da Lei de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: multa de 6.010,13 euros e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante cinco anos e un día.