Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

ANUNCIO.

Con data do 30 de setembro de 2002, aprobouse con carácter definitivo, por decreto da Alcaldía número 152/2002, o proxecto de urbanización da actuación industrial Curtis-Teixeiro, promovido pola Entidad Pública Empresarial de Suelo -SEPES- e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e postos José M. Moure Vieites.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó desta publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida utilizar calquera outro recurso e exerce-las accións que se consideren procedentes.

Curtis, 21 de outubro de 2002.

Javier Francisco Caínzos Vázquez

Alcalde