Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001013/2002-IN, interposto por Amelia Fernández Quintela, Luisa López Chao e María Blanco Mourelos.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001013/2002-IN interposto por Amelia Fernández Quintela, Luisa López Chao e María Blanco Mourelos, contra a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 18 de xuño de 2002, pola que se ordena a publicación da convocatoria de provisión de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 119, do 21 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da

publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública