Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.273

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (771/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela fago saber que neste xulgado do social se segue procedemento nº 711/2001 por instancia de Cándida Pedreira Prado, contra Antonio López Jorge, sobre salarios, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 9 de decembro de 2002 ás 9.35 horas, cítase en única convocatoria a empresa Antonio López Jorge e o representante legal dela, que tivo o seu domicilio en r/ Diego de Muros, nº 15 baixo, 15702 Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro descoñecido para que acompañado de tódolos medios de proba de que se intente valer compareza neste xulgado, sito en r/ Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírteselle que as sucesivas dilixencias se lle noti

ficarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está ó dispor seu na secretaría deste xulgado. Requírese a Antonio López Jorge, para que achegue ó acto do xuízo libro de matrícula persoal, recibos de salarios da parte demandante, contratos de traballo da demandante e boletíns de cotización á Seguridade Social. Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento a Antonio López Jorge e o representante legal dela, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA