Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 28 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedram polo que se relaciona acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Recreativos Rías Altas, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30 de Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de outubro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Recreativos Rías Altas, S.L. NIF B-15074628, r/ Dos Niños, 31 Oleiros (A Coruña).

Procedemento: taxa fiscal sobre o xogo. Expediente sancionador nº 36/2002/00120. Período: 2001.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA