Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de mármores e pedras.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras, con nº de código 3600965, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-10-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Galega de Graniteiros, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 2-10-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto

lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia..

Vigo, 29 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial do sector

de mármores e pedras de Pontevedra (ano 2002)

Artigo 1º.-Partes signatarias.

Son partes signatarias do presente convenio, dunha parte as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, como representación laboral, e doutra parte a Asociación Provincial de Materiales para la Construcción (sección de mármores e pedras) e a Asociación Galega de Graniteiros, en representación empresarial.

Ámbalas dúas recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 32 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen ás actividades de pedra e mármore, incluíndo as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual, de acordo co estipulado no anexo II do convenio xeral da construcción, letra a).

Artigo 4º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia dun ano, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2002, e entrará en vigor ós 30 días da súa sinatura. Non obstante, as táboas salariais terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 2002. En evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º.-Procedemento de denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para inicia-la negociación do convenio que a substitúa.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das pactadas, serán respectadas.

As condicións máis beneficiosas que, con carácter colectivo, estean recoñecidas en convenios colectivos de ámbito inferior e anteriores ó convenio xeral da construcción manteranse ata o vencemento dos ditos convenios. Unha vez producido este vencemento, as materias negociadas neste convenio xeral rexeranse polo disposto no mesmo que, apreciando no seu conxunto e sendo posterior, considérase norma máis favorable polas representacións asinantes.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, que estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das representacións que tomaran parte na negociacion do convenio. Unha e outra poderán dotarse de asesores.

Artigo 8º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderanlles realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as adecuadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, antes da súa admisión na empresa, será sometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo achegar para iso a documentación necesaria e asinando neste.

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos.

Tódalas empresas están obrigadas a solicitar das mutuas patronais un recoñecemento médico anual

para os traballadores que presten os seus servicios nas empresas do sector, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose, non alcanzando esta obriga a tódalas empresas que leven a efecto o dito recoñecemento polos seus propios medios ou a traverso dunha entidade aseguradora.

Os resultados serán facilitados inmediatamente ó traballador afectado cando o solicite.

Artigo 10º.-Contratación.

O contrato de traballo será subscrito entre a empresa e o traballador por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos 20 días seguintes ó da súa incorporación, de acordo con calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo, que necesariamente deberá ser inscrito na oficina de mprego.

a) Contrato para traballo fixo de obra:

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

Primeiro: con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

-O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra, fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

-O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría, deberá comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación de 15 días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este preaviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de preaviso omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Segundo: non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

-Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento do traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no

parágrafo anterior. Cumprido o período máximo de tres anos, se non mediara comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo. En canto ó preaviso do cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

Terceiro: se se producira a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto primeiro. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria, disporá, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desapareceran. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se convirta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra, poderá incluírse no regulado no suposto segundo.

-Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

b) Outras modalidades de contratación:

1. Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados no Real decreto 2546/1994 e a Lei 42/1994, ou normas que os substitúan, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización por conclusión do 7% se a duración fora inferior a 181 días e do 4,5% se a duración fora igual ou superior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicables devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles correspondan ós seus traballadores en aplicación do seu correspondente convenio colectivo ou pacto de empresa. Esta obrigación constará expresamente no contrato de posta a disposición realizado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria.

Artigo 11º.-Contratos de duración determinada do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

1. Cando o contrato de duración determinada previsto no punto 1.b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de

obra, nese suposto, a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a 12 meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. O período de 18 meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

2. A indemnización por conclusión destes contratos será a prevista na letra b), do artigo 10º do presente convenio provincial.

Artigo 12º.-Procedementos de ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou especial confianza, serán de libre designación e revogación polas empresas.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo; podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría.

e) Superar satisfactoriamente probas que se propoñan, que deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que vaian desempeñar.

Artigo 13º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 3% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, complementos salariais e extrasalariais.

No suposto de que o incremento anual do IPC ó 31 de decembro de 2002 sexa superior ó 2,5% efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe afectando ós conceptos previstos no primeiro parágrafo deste artigo. A revisión levarase a cabo unha vez que constate oficialmente o INE o IPC real de 2002 e aboarase con efectos de primeiro de xaneiro do dito ano. Cando proceda a aplicación desta cláusula, os atrasos devengados serán aboados dunha soa vez.

Artigo 14º.-Antigüidade consolidada.

Achégase táboa (anexo), coas antigüidades xa consolidadas con data do 21 de novembro de 1996.

Os importes da táboa manteranse invariables e por tempo indefinido como complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa. O dito complemento retributivo reflectirase nos recibos de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres duren calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

3. A contía das pagas extraordinarias de xuño e decembro será igual a unha mensualidade da táboa de salarios anexa a este convenio, máis a antigüidade consolidada, se é o caso.

Artigo 16º.-Premio de puntualidade e asistencia.

Establécese un premio de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consistirá nunha cantidade mensual de 39,86 euros e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade, cando o traballador non estea no seu posto de traballo ou tallo, no momento de comeza-la xornada laboral. Tamén se considerará falta de puntualidade a súa incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a mencionada xornada de traballo.

2. Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos retrasos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose o 10% do premio cada vez que se produza a dita falta.

4. No caso de ausencias xustificadas, a cantidade de 39,86 euros raterase atendendo ós días efectivamente traballados.

5. A falta de asistencia, dunha xornada de traballo, por causa non xustificada ocasionará a perda do 25% do premio.

6. As licencias establecidas no presente convenio provincial, convenio xeral da construcción e Estatuto dos traballadores, non serán consideradas como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 17º.-Incentivos.

As empresas afectadas por este convenio, con exclusión dos talleres de mármores que non teñan teares nin máquinas cortabloques, aboarán ós seus traballadores de fábrica ou taller, un incentivo por cada día de traballo efectivo de 8 horas ou proporcional de 3,27 euros por día de traballo efectivo ou proporcional. Nos talleres de mármores indicados o incentivo será de 0,93 euros, por día de traballo efectivo ou proporcional.

As empresas que teñan establecido ou establezan no futuro sistemas de medida da productividade de acordo coas disposicións legais vixentes, garantirán que os seus traballadores poidan alcanzar como mínimo a cantidade sinalada no parágrafo anterior á actividade de 70 ou 120 segundo sistema.

Artigo 18º.-Transporte.

Establécese un complemento de locomoción ou transporte que se percibirá con independencia do medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, incluso cando utilice medios de transporte propios da empresa.

As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario a ningún efecto, polo que non se computará para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

En cumprimento do artigo 55.2º bis do convenio xeral da construcción, os complementos extrasalariais sumados non deberán exceder para o ano 2002, do 7% do total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

Artigo 19º.-Traballo en alturas, traballos penosos, tóxicos e perigosos.

Aqueles traballadores que executen os seus labores a 5 ou máis metros de altura sobre o baleiro, terán dereito a que se lles aboe o correspondente complemento de altura, que se establece no 20% do salario base da súa categoría.

No caso de traballos penosos, tóxicos e perigosos haberá que aterse ó previsto no artigo 62 do convenio xeral da construcción.

Artigo 20º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis horas da mañá, percibirá un complemento de traballo nocturno equivalente ó 25% do salario base da súa categoría. Respectaranse as condicións máis beneficiosas.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a 4 horas, aboarase o complemento sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de 4, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas, e en calquera delas se traballe somentes unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

Artigo 21º.-Retribución das horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo, aboarase cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria. As horas extras realizadas en sábado incrementaranse nun 85% e as realizadas en domingos ou festivos o incremento será do 100%.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la

retribución das horas extraordinarias por tempo equivalente de descanso.

No suposto de que se realizara a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinanas compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para estas no epígrafe 2º do artigo 67 do convenio xeral.

Artigo 22º.-Complemento de prestación de IT.

En caso de baixa hospitalaria, as empresas completarán ós traballadores afectados, a prestación económica por incapacidade temporal que por enfermidade común ou accidente laboral aboe a Seguridade Social ou Mutua Patronal, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización que corresponda en cada caso:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) En caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliaráselle a cincuenta (50) días máis.

c) En ambos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de cen (100) días.

d) As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, in itinere ou enfermidade profesional derivada de silicose, aboarase un complemento de 6,82 euros por día desde o primeiro día de producida a baixa, ata un máximo de 100 días.

Artigo 23º.-Indemnización.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable, vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade pemanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional 36.060,73 euros no 2002.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

2. Agás designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farase efectiva ó traballador accidentado, ou no caso de morte, os beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

Artigo 24º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres, en xornada partida e 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada continuada.

2. A xornada ordinaria anual durante 2002, será de 1.756 horas.

3. Para adapta-la xornada ás 1.756 horas de xornada ordinaria anual acordadas para o ano 2002, fíxanse como festivos do convenio e aboables para tódolos efectos, os días seguintes: 12 de febreiro (4 horas), 18 de marzo, 26 de xullo, 16 de agosto, 31 de outubro, e 24, 30 e 31 de decembro. Estes días, así mesmo, non serán computables para os efectos do desfrute das vacacións.

Nos concellos onde a festa local coincidise co día non laborable ou festivo de convenio, pasarase ó día inmediatamente seguinte. Nos concellos que a continuación se relacionan, fíxanse como festivos os seguintes días: Arbo, Caldas de Reis, Gondomar, Mondariz, Tomiño, Vigo e Vilagarcía de Arousa o 19 de agosto; Covelo o 29 de xullo; e O Rosal, Salceda de Caselas, Tui, Valga, Vilaboa e A Illa de Arousa, 4 horas do 23 de decembro.

De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderán modificarse os días de compensación.

4. Na sección de serradoiros de bloques, realizaranse tres quendas rotatorias, de acordo coa legalidade vixente.

5. Nas demais seccións, sempre que se estea facendo xomada partida, poderá cambiarse a quenda de mañá e tarde por períodos de tempo deteminados, logo de información ós representantes sindicais e de acordo co persoal afectado.

6. O persoal técnico e administrativo desfrutará de xornada continuada desde o 1 de xuño ó 15 de setembro, garantíndose os servicios mínimos de cada empresa mediante quendas deste persoal a xornada partida.

7. En cada centro de traballo, a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal sexa a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais de duración. Con vixencia exclusiva para 2002, para efectos de adapta-la xornada ás 1.756 horas anuais acordadas, desfrutaranse 21 días laborables, iniciándose en calquera caso, o seu desfrute en día laborable.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa, só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cause baixa na empresa no transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas correspondentes a todo o contrato en vigor, como concepto de liquidación pola súa baixa na empresa.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado, o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este, se ó vencemento deste, o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

5. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a duración desta computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

6. Se a IT se producira despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a desfruta-las vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producida a alta da IT.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

7. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

8. A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial anexa, maila antigüidade consolidada, se é o caso.

A dita táboa anexa é o resultado da suma de once mensualidades de salario, máis vacacións e dividido todo iso entre doce.

Artigo 26º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso de ó menos 48 horas, salvo acreditada urxencia e xustificación posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se atopen vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e o tempo seguinte:

a) Matrimonio do traballador/a: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos/as ou irmáns/ás: 1 día natural. Se se produce fóra da provincia onde o traballador/a ten o seu centro de traballo: 2 días naturais.

c) Enfermidade grave do cónxuxe ou compañeiro/a, se é o caso, pais ou fillos/as: 6 días naturais. Fóra da provincia: 7 días naturais.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Maternidade da esposa (ou compañeira, se é o caso): 6 días naturais.

f) Morte do cónxuxe (ou compañeiro/a, se é o caso) ou fillos/as: 6 días naturais.

g) Morte de pais, 4 días naturais.

h) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos/as políticos/as: 2 días naturais.

No caso de que exista convivencia ampliarase a licencia ata 4 días naturais.

i) Morte de irmáns/ás políticos, tíos/as, e tíos/as políticos:1 día natural.

j) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais. Fóra da provincia: 5 días naturais.

Artigo 27º.-Axudas de custo.

A contía das axudas de custo será a seguinte:

-Axuda de custo completa: 21,37 euros.

-Axuda de custo media: 8,47 euros.

Artigo 28º.-Xubilación.

1. Recoñécense dúas clases distintas de xubilación, como medidas para fomenta-lo emprego:

a) Xubilación forzosa: como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtelo.

b) Xubilación anticipada: haberá que aterse ó disposto ó respecto na lexislación vixente en cada momento.

2. Os convenios colectivos provinciales e, se é o caso, autonómicos, que tivesen incorporado ó seu articulado o contido do artigo 99 A) do precedente CGSC 1997, deberán adaptar tales convenios de ámbito inferior ó disposto no presente artigo, en todo caso, antes do día 15 de outubro de 2002.

Artigo 29º.-Roupas de traballo.

As empresas facilitarán roupas de traballo ó persoal segundo se especifique para cada sección e das que a duración mínima será a que se sinala en cada caso:

Pezas de roupaParque, bloques e tearesSerradoiros e pulidoras

Buzos e traxes4 meses4 meses
Mandís4 meses4 meses
Botas4 meses4 meses
Guantes1 mes1 mes
Zocos12 meses12 meses

Pezas de roupaCortadoras e acabadosServicios auxiliares

Buzos e traxes4 meses4 meses
Mandís4 meses
Botas4 meses4 meses
Guantes1 mes1 mes
Zocos12 meses

Por cada peza non entregada nos prazos sinalados,o traballador poderá reclamar á empresa, e esta aboará as seguintes cantidades:

-Buzo ou traxes: 33,68 euros.

-Mandís: 16,87 euros.

-Botas: 13,62 euros.

-Guantes: 6,66 euros.

-Zocos: 26,85 euros.

A entrega das botas excluirá a dos zocos e viceversa.

As empresas entregarán lentes de protección graduados ó persoal operario dos cales o posto de traballo o requira, e o solicite logo de prescrición facultativa.

Artigo 30º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio estiman conveniente como regra xeral erradica-lo pluriemprego. Para efectos estiman necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estar xa afiliados a outra empresa.

Para coadxuvar ó obxectivo de controla-lo pluriemprego considerarase esencial o cumprimento exacto do requisito de dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores, e á súa solicitude, os boletíns de cotización á Seguridade Social, así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64.1º.5 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Recibos de salarios.

De conformidade co previsto no artigo 1 da Orde do 27 de decembro de 1994, o recibo individual de salarios ó que se refire o punto 1 do artigo 29 do Estatuto dos traballadores, axustarase, en principio, ó modelo establecido en cada empresa, sen prexuízo de que, por acordo entre a empresa e os representantes legais dos traballadores, se estableza outro modelo distinto nos termos previstos legalmente.

Artigo 32.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedimentos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 33º.-Cláusula de non aplicación do réxime salarial.

1. O incremento salarial pactado no presente convenio podería non aplicarse en todo ou en parte en caso de empresas das que a estabilidade no emprego puidera verse danada como consecuencia de tal aplicación.

2. Para acolllerse á dita inaplicabilidade a empresa deberá formula-la petición ante os representantes dos traballadores por un lado e ante a comisión paritaria por outro, acompañando a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa da solicitude.

b) Documentación que acredite a causa invocada, entre a que necesariamente figurará a presentada ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o rexistro mercantil referida ós tres últimos exercicios.

c) Proposta salarial alternativa que considerará, en todo caso, a recuperación futura da perda salarial negociada.

d) Proposta de viabilidade para o futuro da empresa.

3. A empresa e os traballadores ou os seus representantes, poderán acadar acordo no prazo de 15 días, que deberá ser notificado á comisión paritaria, para que exerza o seu control e o acordo acade eficacia plena.

Disposición adicional

O presente convenio colectivo será redactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicado na mesma forma no BOP.

ANEXO

Táboa de salarios ano 2002 (en euros)

CategoríasSalario basePagas extras e vacaciónsComplementoIncentivoComplemento

MarmoreríasRestode asistenciaMarmoreríasRestode transporte

* Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos905,691.244,931.244,9339,863,62
Profesores mercantís, técnicos titulados,

graduados sociais

905,691.244,931.244,9339,863,62
ATS, mestres de ensino, mestres industriais877,831.206,221.206,2239,863,62

* Administrativos
Xefe de primeira887,381.219,491.219,4939,863,62
Xefe de segunda799,831.097,791.097,7939,863,62
Oficial de primeira742,951.018,731.018,7339,863,62
Oficial de segunda686,16939,78939,7839,863,62
Auxiliares telefonistas649,92889,41889,4139,863,62
Aspirantes533,33703,97703,9739,862,77

* Técnicos non titulados
Encargado xeral847,931.175,681.175,6839,863,62
Delineante superior799,831.097,791.097,7939,863,62
Delineante de primeira742,951.018,731.018,7339,863,62
Delineante de segunda701,02960,42960,4239,863,62
Calcador649,92889,41889,4139,863,62

* Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado650,69890,50890,5039,863,62
Persoal de limpeza650,69890,50890,5039,863,62
Xefe de almacén650,69890,50890,5039,863,62
Botóns de 16 anos471,13617,52617,5239,862,77
Botóns de 17 anos507,32663,84663,8439,862,77
Almaceneiro650,69890,50890,5039,863,62

* Operarios
Encargado de obra / xefe taller24,0533,1933,9139,860,903,283,62
Capataz-capataz de cuadrilla23,2932,0932,8239,860,903,283,62
Contramestre22,9131,5832,3039,860,903,283,62
Oficial de primeira22,7431,3632,0739,860,903,283,62
Oficial de segunda22,3430,8031,5139,860,903,283,62
Oficial de terceira-axudante21,9830,3031,0039,860,903,283,62
Peón especialista21,7730,0330,7239,860,903,283,62
Peón21,6829,8830,6039,860,903,283,62
Aprendiz ou pinche de 16 anos16,5021,9122,6439,860,903,282,77
Aprendiz ou pinche de 17 anos16,8322,3723,0839,860,903,282,77

Antigüidade consolidada ó día 21 de novembro de 1996

Categoría2 anos3 anos4 anos5 anosCada ano máis

* Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos35,3252,9970,6584,7814,13
Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais35,3252,9970,6584,7814,13
ATS, mestres de ensino, mestres industriais34,1951,2868,3782,0413,67

* Administrativos
Xefe de primeira34,5851,8669,1582,9813,83
Xefe de segunda31,0046,5062,0174,4112,40
Oficial de primeira28,6843,0257,3668,8311,47
Oficial de segunda26,3639,5452,7363,2710,55
Auxiliares telefonistas24,8837,3249,7659,729,95
Aspirantes19,4429,1638,8746,657,78

* Técnicos non titulados
Encargado xeral32,9749,4565,9379,1213,19
Delineante superior31,0046,5062,0174,4112,40
Delineante de primeira28,6843,0257,3668,8311,47
Delineante de segunda26,9740,4553,9364,7210,79
Calcador24,8837,3249,7659,729,95

Categoría2 anos3 anos4 anos5 anosCada ano máis

* Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado24,9137,3749,8359,799,96
Persoal de limpeza24,9137,3749,8359,799,96
Xefe de almacén24,9137,3749,8359,799,96
Botóns de 16 anos16,9025,3433,7940,566,76
Botóns de 17 anos18,3727,5636,7544,107,35
Almaceneiro24,9137,3749,8359,799,96

* Operarios
Encargado de obra / xefe taller0,931,391,862,230,37
Capataz-capataz de cadrilla0,901,351,792,150,36
Contramestre0,881,321,762,120,35
Oficial de primeira0,871,311,752,100,35
Oficial de segunda0,861,291,712,060,34
Oficial de terceira-axudante0,841,261,692,030,34
Peón especialista0,841,251,672,000,34
Peón0,831,241,662,000,33
Aprendiz ou pinche de 16 anos0,600,901,201,430,24
Aprendiz ou pinche de 17 anos0,610,911,221,470,25