Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.268

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Envases de la Estrella, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Envases de la Estrella, S.L. (código convenio 1502842), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-7-2002, complementado o 30-10-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo delegado de persoal o día 31-5-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de outubro de 2002.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio para a empresa Envases de la Estrella, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio será de aplicación á empresa Envases de La Estrella, S.L., no centro de traballo que

a empresa ten no porto da Coruña, dedicada á distribución e aluguer de envases para o peixe.

Artigo 2º.-Vixencia.

A duración deste convenio será de dous anos, iniciando a súa vixencia e en toda a súa totalidade o primeiro de xaneiro de 2001.

Artigo 3º.-Prórroga e denuncia do convenio.

Este convenio será prorrogado tacitamente no momento do seu vencemento, por sucesivos períodos dunha anualidade, a non ser que se denuncie para a súa revisión cun mínimo de tres meses antes do seu vencemento ou do dalgunha das súas prórrogas.

A denuncia deberá comunicárselle á outra parte por escrito e, se é o caso, ó organismo competente da Administración.

Artigo 4º.-Retribucións.

Os incrementos salariais deste convenio, durante a súa vixencia, serán os seguintes:

-Para o ano 2001: 3,4% sobre salario base e antigüidade.

-Para o ano 2001: 3% sobre salario base e antigüidade

Artigo 5º.-Gratificacións extraordinarias.

Estableceranse dúas pagas extraordinarias ó ano, que se farán efectivas o 15 de xullo e o 22 de decembro.

As dúas pagas aboaranse cunha mensualidade do salario base.

Artigo 6º.-Complemento de transporte.

Esteblécese un complemento de transporte, que para o ano 2001 será de 7.832 pesetas mensuais aboadas en 12 pagas, e para o ano 2002 será de 48,48 euros mensuais aboados en 12 pagas.

Artigo 7º.-Festivos e nocturnidade.

Por ser esta unha empresa dun sector moi peculiar, no salario base que se pacta neste convenio inclúese o labor de servir caixas ós barcos en domingos e festivos, labor este que se efectuará por quendas rotativas, tal e como se vén efectuando ata a data,

e o servicio nocturno ós barcos. O salario dos traballadores será o pactado neste convenio, sexa cal sexa a súa xornada, sempre que non se superen as 40 horas semanais marcadas pola lei.

Artigo 8º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria para tódolos traballadores que ós 65 anos, salvo pacto entre empresa e traballador, sempre que teña dereito a percibir unha pensión. De non ser así, poderá continuar na empresa ata que se xere o dereito á prestación.

Este artigo negociarase no caso de que por disposición de rango superior se reducise a idade de xubilación.

Os traballadores, por pacto de empresa, poderán acollerse á xubilación especial ós 64 anos, segundo o disposto no real decreto.

Artigo 9º.-Complemento de antigüidade.

Consistirá na percepción do 5% do salario base por cada quinquenio e empezará a contar a partir do 1 de xaneiro de 1992 ou no momento de ingresar na empresa, para tódolos traballadores que entren a partir do 1 de xaneiro de 1992.

Fíxase nun máximo de tres quinquenios.

Artigo 10º.-Seguro de invalidez ou morte.

A empresa contratará un seguro colectivo de invalidez ou morte en accidente de traballo para tódolos traballadores cunha antigüidade superior a un ano, cunha contía de 1.000.000 de pesetas.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, salvo que por norma de rango superior se cambiara a dita xornada.

Artigo 12º.-Vacacións.

Os traballadores desfrutarán dun período de trinta días naturais de vacacións.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Dezasete días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacementos de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

Artigo 14º.-Promoción e formación profesional no traballo.

O traballador terá dereito:

a) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, así como a unha preferencia a elixir quenda de traballo, se ese é o réxime instaurado na empresa, cando curse con regularidade estudios

para a obtención dun título académico ou profesional.

b) Á adaptación da xornada ordinaria de traballo para a asistencia a cursos de formación profesional ou a concesión do permiso oportuno de formación ou perfeccionamento profesional, con reserva do posto de traballo.

Artigo 15º.-Contratos de duración determinada por circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Aplicarase o disposto no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Garantías sindicais.

A empresa respectará o dereito dos traballadores a se sindicaren libremente.

Os traballadores afiliados a un sindicato ou asociación legalmente constituídos poderán distribuír información e recadar cotas fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividade normal da empresa.

As horas retribuídas dos membros do comité de empresa de máis de trinta traballadores poderán acumularse para seren desfrutadas por un ou varios dos interesados, notificándollo á dirección da empresa con oito días de antelación ó comezo do mes de que se trate, e sempre que non supoña alteración grave do seu réxime laboral.

Artigo 17º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria do convenio estará composta por Diego Vázquez, por parte empresarial e, en representación dos traballadores, por Inocencio González.

Táboas salariais ano 2001

CategoríaSalario baseComplemento de transporte

Peón 78.382 pesetas (471,09 euros) 7.832 pesetas (47,07 euros)

Peón especialista 86.029 pesetas (517,04 euros) 7.832 pesetas (47,07 euros)

Táboas salariais ano 2002

CategoríaSalario baseComplemento de transporte

Peón 80.734 pesetas (485,22 euros) 8.066 pesetas (48,48 euros)

Peón especialista 88.611 pesetas (532,56 euros) 8.066 pesetas (48,48 euros)