Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros en autobús por estrada.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros en autobús por estrada, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-10-2002, subscrito en representación da parte económica por Transviac, e a Asociación Provincial de Servicios Discrecionales de Viajeros de A Coruña e da parte social pola CIG e CC.OO. o día 21-5-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de outubro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta

Asistentes:

* Parte social:

Pola CIG: Ernesto López Rei.

Por CC.OO.: José Manuel Lado Lestón.

* Parte patronal:

Por Transviac:

Carlos Botas Piñón.

Fernando Míguez Rey.

Fátima Valiño Rodríguez.

Por APSDV: Karina Vázquez Dourado.

A Coruña, 21 de maio de 2002.

Reunidos os comparecentes co obxecto de revisa-las táboas salariais para o ano 2002, chegan ó seguinte acordo:

Único.-Unha vez revisadas as táboas salariais, áchanas conformes. Anexo I.

Segue resto de sinaturas.

ANEXO I

Salarios 2002 (3%)Mes Ano

Xefe administración 1ª731,5610.973,33
Xefe administración 2ª676,7310.151,00
Vendedores de billetes615,889.238,19
Factores615,889.238,19
Xefe de tráfico 1ª678,3310.174,99
Xefe de tráfico 2ª655,419.831,12
Xefe de tráfico 3ª619,369.290,35
Inspector21,519.786,20
Conductor-perceptor21,219.649,47
Conductor21,059.576,22
Cobrador20,569.356,47
Repartidor mozo20,269.219,73
Conductor furgoneta20,619.376,00
Xefe servicios846,9112.703,64
Inspector principal783,4311.751,39
Enxeñeiros e licenciados798,0711.970,98
Enxeñeiros técnicos-auxiliares titulados688,5810.328,73
Axudante técnico sanitario669,2510.038,79
Xefe de sección708,5710.628,49
Xefe de negociado685,9310.288,97
Oficial 1ª administrativo651,579.773,48
Oficial 2ª administrativo632,329.484,83
Auxiliar administrativo606,119.091,69
Garda de noite 20,269.219,73
Garda de día19,899.048,82
Limpador (salario hora)2,281.035,27
Xefe de taller757,5211.362,76
Encargado669,4910.042,33
Xefe de equipo21,529.791,08
Oficial primeira de taller21,259.669,00
Oficial segunda e terceira de taller20,569.356,47
Engraxador e lavacoches20,569.356,47
Mozo de garaxe e taller20,269.219,73

Complemento compensación42,07

Complemento convenio:

Mes37,35

Ano448,14

Quebranto de moeda22,02

Complemento de actividades complementarias58,05

Axudas de custos:

Axuda de custos completa26,72

Media axuda de custos8,91

Axuda de custos completa (fóra de Galicia)33,75

Media axuda de custos (fóra de de Galicia)11,25

Horas de espera1,64

Horas interrupción de xornada1,67