Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se rectifican diversos artigos do convenio colectivo da empresa Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.).

Vista a documentación remitida polo representante legal da empresa Begano, S.A., e habilitado pola mesa negociadora do convenio colectivo de Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.), apreciáronse certos erros no devandito convenio colectivo, publicado no DOG nº 181, do 19 de setembro de 2002, quedando o dito texto, unha vez corrixido, redactado como figura no anexo adxunto.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2002.

P.S. (Orde 27-9-2002)

Mª José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

-Artigo 4º do convenio, páxina 13.801 do DOG, debe dicir:

Será de aplicación en defecto das disposicións establecidas neste convenio o prescrito no Acordo Marco para a Industria de Bebidas Refrescantes, publicado no BOE nº 270, do 11 de novembro de 1999, ou o instrumento que coa mesma lexitimación o substitúa, sen prexuízo da debida aplicación do Estatuto dos traballadores como dereito supletorio e mínimo.

-Artigo 9º do convenio, parágrafo 1º, páxina 13.802 do DOG, debe dicir:

A facultade de organiza-lo traballo é competencia e responsabilidade da dirección da empresa.

-Artigo 16º do convenio, páxina 13.803 do DOG, debe dicir:

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán tres pagas extraordinarias que se denominarán: participación en beneficios, verán e nadal. Estas pagas percibiranse na primeira quincena de maio, primeira quincena de xullo e primeira quincena de decembro respectivamente. A súa contía será de trinta días de salario máis antigüidade, o complemento permanencia e o complemento de convenio.

-Artigo 23º do convenio, parágrafo 3º, páxina 13.803 do DOG, debe dicir:

Establécese unha bolsa extraordinaria de vacacións de salario base, máis antigüidade ou complemento permanencia e complemento convenio, para o persoal fixo, de acordo co seguinte calendario.

-Artigo 32º do convenio, parágrafo 2º, páxina 13.803 do DOG, debe dicir:

1. Adquisición de primeira vivenda, ata 12.020 euros con 24 céntimos.

-Anexo II, táboa salarios e complementos, páxina 13.809 do DOG.

-No encabezamento debe dicir convenio 2002-2004.

-No cadro nas categorías axudante e auxiliar administrativo, o salario mensual é 656,70 euros, en vez de 656,76.

-Anexo II, táboa complemento de permanencia, páxina 13.809 do DOG.

A primeira categoría é «Axudante» en vez de peón.