Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.257

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 311/2002, do 7 de novembro, polo que se acepta, a título gratuíto, a doazón dunha serie de material con destino ó Complexo Hospitalario de Ourense.

A entidade financeira Caixanova ofrece a doazón ó Servicio Galego de Saúde do material que a continuación de detalla con destino ó Complexo Hospitalario de Ourense:

-Un monitor Atlas ECG SPO2 Y NIBP, de marca WELCH ALLYN, modelo 62000, cun valor de 4.420 A.

-Un fotoforo cirúrxico, marca WELCH ALLYN, modelo MFI SOLARC, cun valor de 2.668,79 A.

-Dous desfibriladores con marcapasos, marca ARTEMA, modelo CARDIO AID 200, cun valor de 8.123,19 A cada un.

-Un proxector de imaxes, marca PHILIPS, modelo LC 4431, cun valor de 4.671,06 A.

-Unha sonda transesofáxica omniplana 5 0/3.7 MHZ, marca PHILIPS, modelo 21364 A, cun valor de 20.831,50 A.

-Dous electrobisturís con carro e pedal, marca VALLEYLAB, modelo FORCE FX, cun valor de 9.495 A cada un.

-Un electrobisturí con carro e pedal, marca VALLEYLAB, modelo FORCE 2, cun valor de 7.692 A.

-Un monitor portátil de ECG/SAO2/PNI/PI/TEMP Y CO2, marca PHILIPS, modelo M3046A, cun valor de 10.848,20 A.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do

Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de novembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

-Un monitor Atlas ECG SPO2 Y NIBP, de marca WELCH ALLYN, modelo 62000, cun valor de 4.420 A.

-Un fotoforo cirúrxico, marca WELCH ALLYN, modelo MFI SOLARC, cun valor de 2.668,79 A.

-Dous desfibriladores con marcapasos, marca ARTEMA, modelo CARDIO AID 200, cun valor de 8.123,19 A cada un.

-Un proxector de imaxes, marca PHILIPS, modelo LC 4431, cun valor de 4.671,06 A.

-Unha sonda transesofáxica omniplana 5 0/3.7 MHZ, marca PHILIPS, modelo 21364 A, cun valor de 20.831,50 A.

-Dous electrobisturís con carro e pedal, marca VALLEYLAB, modelo FORCE FX, cun valor de 9.495 A cada un.

-Un electrobisturí con carro e pedal, marca VALLEYLAB, modelo FORCE 2, cun valor de 7.692 A.

-Un monitor portátil de ECG/SAO2/PNI/PI/TEMP Y CO2, marca PHILIPS, modelo M3046A, cun valor de 10.848,20 A.

Artigo 2º

Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Complexo Hospitalario de Ourense, de acordo coa vontade do doante.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, sete de novembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade