As empresas Amgen, S.A, ST. Judel Medical España, Ekipo, S. Coop. Ltda. e Manuel Seijo Martínez ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.
Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.
En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde e logode deliberación do Consello da Xunta de
Galicia, na súa reunión do día sete de novembro de dous mil dous,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Acepta-la doazón do seguinte material:
-1 cabina de fluxo laminar, marca Grifols modelo 1002, cun valor 7.751,70 A, doada pola empresa Amgen, S.A.
-1 impresora, de marca Citizen, modelo Swift 24, cun valor de 180 A doada por Manuel Seijo Martínez.
-3 gravadores Holter marca General Electric modelo MHWUPS, cun valor de 10.402,86 A, doados pola empresa ST. Judel Medical España.
-21 ordenadores persoais cos seus correspondentes monitores marca Compaq, modelo EVOD300DT, cun valor de 32.507,83 A, doados pola empresa Ekipo, S. Coop. Ltda.
Artigo 2º
Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autó
noma e destinaranse ó Complexo Hospitalario de Pontevedra, de acordo coa vontade dos doantes.
Disposición derradeira
O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.
Santiago de Compostela, sete de novembro de dous mil dous.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jose María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade