Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.257

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se modifica o prazo de xustificación do gasto e aboamento das subvencións concedidas ó abeiro da Orde do 10 de maio de 2002.

A Orde do 10 de maio de 2002 (DOG nº 98, do 23 de maio), regula a concesión de subvencións ás

entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o mantemento de puntos de atención continuada e zonas especiais de urxencias que funcionen en centros de saúde de titularidade municipal.

O artigo 7 da antedita orde regula a xustificación e o pagamento destas subvencións, determinando un prazo para a xustificación do gasto realizado, que está previsto que remate o vindeiro día 30 de novembro.

O mesmo artigo citado establece que tal prazo se poderá modificar por causas debidamente xustificadas, mediante resolución do director xeral da División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde.

A demora involuntaria na concesión das subvencións afecta, neste caso, o prazo de xustificación previsto na orde citada inicialmente, quedando este reducido a 23 días. Dado que este prazo se considera moi axustado tendo en conta a transcendencia da documentación que se vai presentar, e co obxecto de mellor garanti-lo dereito dos beneficiarios, facendo uso da facultade de modificación recoñecida no mesmo precepto, esta división

RESOLVE:

Amplia-lo prazo de xustificación do gasto realizado previsto no artigo 7 da Orde do 10 de maio de 2002 ata o día 31 de decembro de 2002.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos