Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto mediante concurso e tramitación urxente, do servicio de recollida e eliminación de residuos sanitarios.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 14 de marzo de 2002 da

Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:

Expediente nº: 27/2002 N e 30/2002 S.

1. Obxecto: servicio de retirada, transporte, tratamento e eliminación dos residuos sanitarios xerados nos centros dependentes desta xerencia.

2. Orzamento anual: expediente 27/2002: 36.000 A, expediente 30/2002 S: 40.000 A.

3. Prazo de execución: 1 ano desde a data de entrada en vigor do contrato. Posibilidade de prórroga nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

5. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e tramitación urxente.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase segundo os puntos 13 e 14 da portada que integra o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 16 da portada-prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1º andar, 36204 Vigo, teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

9. Presentación de proposicións: deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204-Vigo), antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta, Vigo, ás 9 horas do sétimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público correrá por conta do adxudicatario del.

Vigo, 8 de novembro de 2002.

Ángel Martín Santos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo