Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se corrixe a do 26 de setembro pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, de consultorías e asistencias e de servicios para o servicio de apoio ó mantemento de aplicacións informáticas. (Referencia C. 189/2002).

Advertido un erro na dita resolución, publicada no DOG nº 193, do luns, 7 de outubro, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 14.460, onde di: «Punto 4.-Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares».

No citado prego de cláusulas administrativas particulares, en concreto no punto 12 da folla de especificacións (portada) poñía:

«Grupo: V; subgrupo: 3; categoría: B, *segundo o R.D. 609/1982 e a Orde do 24 de novembro de 1982, a clasificación correspondente sería grupo: III; subgrupo: 7; categoría: B»; cando debería poñer: «Grupo: V; subgrupo: 2; categoría: B, *segundo o R.D. 609/1982 e a Orde do 24 de novembro de 1982, a clasificación correspondente sería grupo: III; subgrupo: 3; categoría: B».

Por iso e ó tratarse dun erro material o de feito, procede a súa rectificación, publícase nova convocatoria e ábrese novo prazo de presentación de ofertas.

I. Orzamento total: 180.304 A.

II. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es

III. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

IV. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta soto do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Na Coruña, 8 de novembro de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña