1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).
Dependencia tramitadora: Secretaría do Ilgga.
Número de expediente: concurso 3/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: subministración de material informático.
b) Lugar de entrega: nas dependencias administrativas do órgano de contratación, en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o que aquel lle indique ó adxudicatario.
c) Prazo de entrega: 15 días desde a constitución da garantía definitiva.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: por concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 38.100 euros.
5. Garantías:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de información e documentación:
Entidade: Ilgga.
Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n.
Código postal e localidade: 15704, Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 54 62 60.
Fax: 981 54 61 91.
Data límite de obtención de documentos e información: o día no que remate o prazo para a presentación de proposicións.
7. Presentación das ofertas:
Data límite: o prazo de presentación finalizará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na contratación.
Lugar de presentación: no rexistro do Ilgga, sito na Rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela (CP 15704). Tamén poderán achegarse as
proposicións por correo, do xeito previsto no artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.
Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses.
Variantes: non se admiten.
8. Apertura das ofertas:
Entidade: Ilgga, celebrándose o acto público na sala de xuntas do mesmo.
Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.
Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, caso no que sería o seguinte día hábil.
Hora: ás 13 horas.
9. Documentación de interese para os solicitantes:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no rexistro do Ilgga (Rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela).
10. Gastos do anuncio:
Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
11. Páxina web na que figura a información sobre a convocatoria e na que poden obterse os pregos:
http://www.xunta.es/contratación.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.
Secundino Grobas Mosquera
Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia