Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación dos servicios de publicidade internacional 2002 (C.P. 10/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 10/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicos de publicidade internacional 2002.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 135, do 15 de xullo, BOE nº 155, do 29 de xuño, DOCE S128, do 4 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento máximo de licitación: 600.000 A (seiscentos mil euros), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 2 de outubro de 2002.

b) Contratista: Imaxe Intermedia S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 599.854,73 A, IVE incluído segundo o desagregamento de prezos unitarios por inserción que se detalla na oferta económica presentada.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica