Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación urxente, para a contratación das subministracións que se citan.

-Expediente: 41/2002.

Obxecto: analizador de espectros.

Localidade: Vigo.

Importe de licitación: 90.050 euros, IVE incluído.

Prazo de entrega: 1 semana.

-Expediente: 42/2002.

Obxecto: medidor de campo.

Localidade: Vigo.

Importe de licitación: 42.120 euros, IVE incluído.

Prazo de entrega: 1 semana.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número:. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: son os importes arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías: a) Provisionais: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas. b) Definitivas: 4% dos importes de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado; rúa Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado-edificio anexo, rúa Oporto nº 1-planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: rúa Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo, 36201. d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas; se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 13 de novembro de 2002.

P.D. (Resolución 14-6-2000)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo