Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Asociación Sectorial de Criadores Avícolas de Galicia (Acriaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 22 de outubro de 2002, certificación expedida polo secretario de actas da devandita asociación, Pablo García García, avalada co visto e prace do presidente, José Castro Cabaleiro, na que se reflicten os acordos acadados na asemblea xeral, na reunión celebrada en Silleda o día 19 de outubro de 2002, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

P.S. (Orde 27-9-2002)

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE