Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Galega de Psicopedagoxía (Agapsi).

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:

No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositada certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Galega de Psicopedagoxía (Agapsi), expedida polo secretario da referida asociación, Carlos Mariño Castro, avalada co visto e prace da súa presidenta, María Teresa Pulido Picouto, na que se fai consta-lo acordo acadado por unanimidade na dita asemblea xeral extraordinaria, e que consiste na disolución da devandita asociación.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

P.S. (Orde 27-9-2002)

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais