Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Federación Galega de Asociacións de Informática (Fegadai).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 18 de outubro de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita federación, José Federico Calderón Vilar, avalada co visto e prace do presidente, Enrique Pérez Barros, na que se reflicten os acordos acadados na xunta xeral extraordinaria, na reunión celebrada en Santiago de Compostela

o día 3 de setembro de 2002, e que consisten na modificación dos artigos 8, 13 e 43 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

P.S. (Orde 27-9-2002)

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais