Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a convocatoria, mediante concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gasto, para a contratación dos concursos de limpeza da Casa da Xuventude e das oficinas de emprego da provincia de Ourense.

A Delegación Provincial de Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los concursos que de seguido se relacionan:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 37 e 38 /2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición:

* Expediente: 37/2002: servicio de limpeza da Casa da Xuventude.

* Expediente 38 /2002: servicio de limpeza das oficinas de emprego de Ourense-Centro, Ourense-A Ponte, O Carballiño, Celanova, A Pobra de Trives, Ribadavia, Verín, Viana do Bolo e Xinzo.

b) Prazo de execución: 1 de xaneiro a 31 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importes totais.

* Expediente 37 /2002: 27.000 A.

* Expediente 38 /2002: 46.000 A.

5. Garantía.

a) Definitiva: 4% prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n, Ourense, 32004.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 60 87.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborales, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do R.D. 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o regulamento xeral da Lei de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión de oferta mediante fax 988 38 60 87 ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Loña, s/n, Ourense, 32004.

c) Data: o sexto día hábil contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das mesmas terá lugar no día hábil seguinte.

d) Hora: a partir das 13 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 13 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 19-1-1998, Decreto 488/1997, do 26 de decembro)

José Sotelo Presas

Delegado Provincial de Ourense accidental