Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/114-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Velle-Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: recuamento da L.M.T. central Mao-central Velle.

Situación: Loña de Arriba (Ourense).

Características técnicas: recuamento da L.M.T. aérea a 20 kV central Mao-central Velle entre os apoios nº D111 e nº 3, en conducción soterrada cunha lonxitude de 316 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de outubro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense