Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.A.T. aérea a 132 kV subestación parque eólico de Álabe-Terral-L.A.T. existente 132 kV Mondoñedo-Montouto, no concello de Abadín e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 37/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa e estudio ambiental.

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro) sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e estudio do impacto ambiental para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Finalidade: interconexión do parque eólico Álabe-Terral e a liña eléctrica aérea de alta tensión existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto para evacuación da enerxía xerada no citado parque eólico.

Características técnicas principais:

1. Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión do parque eólico Álabe-Terral e a liña eléctrica aérea de alta tensión existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto, de 2.003 metros de lonxitude composta por un circuíto con un con

ductor por fase LA-180 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto das instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Rolda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las alegacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, poderanse corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións da L.A.T. 132 kV. Subestación parque eólico Álabe-Terral-L.A.T. existente Mondoñedo-Montouto poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e no Concello de Abadín, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do prazo de 15 días ó aplicarse o trámite ambiental ó procedemento de urxencia segundo acordo do 24 de xullo de 2002 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 15 de outubro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

L.A.T. 132 kV Terral.

ApoioVoo

predioSitioCultivoPropietarioEnderezonºmmlm

1LabradaMonte baixo/monte altoM.V.M.C. de Labrada

Pte.: Ángel Fernández Pita

Xanaz, 1

Labrada-Abadín

1, 2, 3,

4, 5, 6, 7

183,522.00354.310