Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Saltos del Cabrera, S.L.
Domicilio social: c/ Toral 2, 24380 puente Domingo Flórez.
Denominación: CC.TT. intemperie en Quereño.
Situación: Rubiá.
Características técnicas: dous centros de transformación aéreos de 100 kVA cada un e relación de transformación 20.000/380-220 V, sitos en Quereño: o C.T. 1 sobre torre metálica que se instalará preto da subestación, e o C.T. 2 nunha torre metálica existente na Rúa da Telleira. Rede de baixa tensión de enlace coa existente.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Ourense, 14 de outubro de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense