Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de outubro de 2002, do Servicio de Informes e Recursos, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00219-I-2002 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último domicilio coñecido que

se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos 15 días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2002.

Alberto Eiras Martínez

Instructor e xefe do Servicio

de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00219-I-2002

PO-1081-BM

3328943324L145100493

Poliexpan Galicia, S.L.

Bernardo Vázquez, 2-1º

36350 Nigrán (Pontevedra)

Da análise dos discos-diagrama de tacógrafo do vehículo PO-1081-bm, correspondentes ó mes de marzo de 2002, constátanse as seguintes infraccións: no disco-diagrama do 10/11-3-2002 constátase unha minoración do descanso diario a 7 horas e 20 minutos; o disco-diagrama do 11/13-3-2002 finaliza con 109.334 km e o disco-diagrama seguinte, do 20/21-3-2002, inicia con 111.650 km, falta por tanto a xustificación de 2.316 km realizados.Art. 14 R(CE) 3821/1985.

Art. 8 R(CE) 3820/1985.

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.440 euros

DX-00267-I-2002

5579-BVS

3325183846L145100493

Fergo Galicia, S.A.

Padre Feijoó, 3

154 A Coruña

Realizar transporte de mercadorías (terra desmonte) co vehículo matrícula 5579-BVS (vehículo ríxido de 3 eixes), que está provisto dunha autorización da clase MPC-nacional. O citado vehículo está autorizado cunha MMA de 26.000 kg e presenta un peso total en báscula de 37.400 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 11.400 kg, que representa un 43% de exceso sobre a MMA do vehículo.

16-10-2002; 17.15; CP-0701; 31,300

Art. 200.3º R.D. 1211/1990.Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

2.100 euros