Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 25 de outubro de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxo nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-03140-O-1999 e outro máis).

Por medio desta cédula requírese os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que os sancionados as aboaran, procedan ó seu pagamento.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que deben efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390001, co apercibimento de que, de non facelo así nese prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-03140-O-1999

58-29-GG

G.C. Tráfico

Brita Grilos, Lda.

Campo de Cima, s/n

5400 Portugal (Chaves)

Transportar area cunha masa total de 43.500 kg, sendo a masa máxima autorizada de 36.000 kg (vehículo articulado de 4 eixes, 2 máis 2, semirremolque distancia entre eixes, 1,30 m). Efectuou pesaxe en báscula de áridos limia, negándose a trasladarse a efectuar pesaxe a báscula oficial de San Cibrao das Viñas.

7-8-1999; 8.50; N-525; 199

Art. 33 Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo) e art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.388,34 euros

PO-03993-O-2001

5205-RT

G.C. Tráfico

Antonio Ramos e Costa Sa

Casas de Sta. Bárbara, s/n

Portugal (Peniche)

Circular transportando peixe fresco arrastrando un peso total en báscula de 6.750 kg (seis mil setecentos cincuenta kg) tendo o vehículo un PMA de 3.500 kg; exceso: 3.250 kg (tres mil douscentos cincuenta kg, 92,85% sobre PMA). Transporta, así mesmo, xeo para conservación do peixe. Báscula da Xunta de Galicia, mod. Haenni wl 103, nº 1.695-1.696, ticket nº 2.174.

14-11-2001; 11.31; N-550; 172.

Artigo 200.3º

do R.D. 1211/1990.

Art. 143 Lei 16/1987 art. 2001 R.D. 1211/19901.380 euros