Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Ex-

pediente IN407A 01/445-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Escaravelleira.

Situación: Mesía.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 10/20 kV, de 805 m de lonxitude, en conductor LA-30, que parte da L.M.T. a C.T. Piñoi e final no C.T. de 50 kVA da Escaravelleira e rede de baixa tensión. Concello de Mesía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de outubro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña