Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.183

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de novembro de 2002 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

De conformidade co establecido no Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG nº 113, do 13 de xuño), esta consellería en uso das competencias que lle atribúe o artigo 13.2º 8 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril de 1995),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados con suxeición ás seguintes,

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir catro prazas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados polo sistema de promoción interna e de acceso libre polo procedemento de oposición.

I.1.2. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascende a unha praza, que corresponde ó 25% do total das vacantes.

I.1.3. Se a praza reservada ó sistema de promoción interna non se cubrise, acumularase ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.5. Por non alcanzarse o mínimo necesario, non se reserva para ser cuberta por persoa con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, de conformidade co previsto no Decreto 200/2002, do 6 de xuño.

I.1.6. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; a Lei 17/1993, do 23 de decembro, de acceso a determinados sectores da función pública dos nacioanis dos Estados membros da Unión

Europea, o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; o capítulo II do título II do Decreto 370/1992, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

Para ser admitidos no proceso selectivo os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.1. Para promoción interna:

I.2.1.1. Estar en posesión ou en condición de obte-lo título de licenciado en dereito.

I.2.1.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.1.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, e pertence-lo día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, ou ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

I.2.2. Para acceso libre:

I.2.2.1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados nos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderá participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes de cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade, que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

I.2.2.2. Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadada a idade de xubilación.

I.2.2.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado en dereito.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.2.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.2.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.6. Ter aboados os dereitos de exame, de se-lo caso.

1.2.2.7. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu estado, o acceso á función pública.

I.2.3. Tódolos requisitos enumerados nas bases I.2.1 e I.2.2. deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar en instancia (anexo II). Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade e o xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, ou, de se-lo caso, copia cotexada da cualificación da minusvalidez, para os efectos da exención prevista nesta base.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no terceiro exercicio.

d) Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán acompaña-la declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

Para efectos de información os teléfonos de contacto son o 981 54 58 98 e 981 54 58 76, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres e o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Como requisito necesario para participar nestas probas, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 47,54 euros e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes,

utilizando para iso o impreso de autoliquidación, sinalado no anexo III. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo III.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A non presentación do citado impreso de autoliquidación, dilixenciado co selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso, a presentación deste suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que se fai referencia no punto terceiro da base I.4.2. na que se acorde a súa exclusión definitiva.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e oficinas de correos nas condicións á que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública dictará resolución, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no diario oficial, así como oportuna

mente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se atopan expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade de cada un deles.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto ou defectos que motivasen a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, perante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se recoñeza ós interesados estaren en posesión dos requisitos esixidos para participar no procedemento selectivo que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que hai que presentar, no caso de superación polos aspirantes do proceso selectivo, se desprenda que non se posúe algún de tales requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Proceso selectivo.

II.1. O proceso selectivo constará de seis exercicios, todos eles con eficacia eliminatoria, que se realizarán de acordo coa orde que se recolle no anexo I da presente convocatoria.

II.2. O programa que rexerá nas probas selectivas será o aprobado por Orde do 30 de novembro de 2000 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e publicada no Diario Oficial de Galicia nº 241, do 14 de decembro de 2000, cunha corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia nº 22 do 31 de xaneiro de 2001.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios desenvolveranse en galego ou castelán.

II.3.1. A orde do actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «S», de conformidade co establecido na resolución da Direc

ción Xeral da Función Pública do 27 de febreiro de 2002 (DOG nº 47, do 6 de marzo) pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 26 de febreiro de 2002, de conformidade co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II.3.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos das probas selectivas aqueles que non comparezan.

II.3.4. Cando o tribunal, consultado para tal efecto, polo seu presidente e por decisión unánime dos seus membros, apreciase en calquera momento da exposición dos temas dos exercicios teóricos orais, primeiro e cuarto exercicio, unha manifesta deficiencia de contido, invitará o opositor a retirarse, con indicación do motivo, e dará por concluído para aquel o desenvolvemento das probas, deixando sucinta referencia disto na acta da sesión correspondente.

II.3.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios efectuarase polo tribunal nos locais onde se celebrase, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con setenta e dúas horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación.

II.3.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera dúbidas sobre a personalidade dalgún dos aspirantes ou chegara ó seu coñecemento que non cumpre algún dos requisitos de capacidade esixidos na base I.2.1 da presente convocatoria, poderá ser requirido para que os acredite e se así non o fixera o interesado, acordará a súa exclusión del.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

II.3.7. Se o tribunal de oficio, ou con base nas reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización dos exercicios, anulase algunha ou algunhas das preguntas dun exercicio, anunciarao publicamente no Diario Oficial de Galicia.

II.3.8. Os aspirantes que superaron o proceso selectivo figurarán na lista de aprobados pola orde resultante da suma das puntuacións obtidas na oposición.

III. Tribunais.

III.1. O tribunal cualificador destas probas será designado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

e a súa composición será a determinada polo artigo 17.6º do Decreto 370/1992, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

III.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles algunha das circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se dedicaran á preparación de opositores nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.3. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, designados en substitución dos que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.2.

III.4. Logo da convocatoria do presidente do tribunal, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida en caso de asistir a ela a maioría dos membros do tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

III.5. A actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.6. De cada sesión de pleno do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.7. Mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia fixarase o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio.

III.8. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas no desenvolvemento das probas correspondentes a aqueles exercicios do proceso selectivo en que así o estime pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración funcional nos aspectos técnicos propios e características das súas especialidades. A designación de tales asesores deberá ser comunicada á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

III.9. O tribunal adoptará as medidas precisas, en aqueles casos en que resulte necesario, para que os aspirantes con discapaciades que o soliciten na

forma prevista na base I.3.3 gocen para a realización das probas de similares condicións que o resto dos demais participantes.

Se na súa realización se lle suscitaran dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios da escala á que opta, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.10. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

III.11. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarará que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña esta limitación será nula de pleno dereito.

III.12. No suposto de empate nas puntuacións de dous o máis aspirantes, estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva o mesmo. De persisti-lo empate, resolverase pola orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2002.

III.13. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral, edificio administrativo San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 58 98 e 981 54 58 76.

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Rematadas as probas selectivas, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueloutros que estime oportuno, as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo, tanto polo sistema xeral de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

A consecuencia do falecemento ou renuncia dalgún dos aspirantes que tendo superado o proceso selectivo fora proposto polo tribunal para o seu nomeamento, o tribunal poderá nomea-lo seguinte aspirante nas mesmas condicións que o anterior, e no seu lugar, atendendo á orde de prelación de notas.

O presidente do tribunal enviará á directora xeral da Función Pública a lista dos aspirantes que superaron tódolos exercicios, con indicación da puntuación acadada en cada un deles, xunto coa proposta dos seleccionados para ser nomeados funcionarios de carreira.

V. Presentación de documentos, nomeamentos e toma de posesión.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicán

dose no Diario Oficial de Galicia, e a partir da dita publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2, ou certificación académica ou outros documentos que acrediten fidedignamente ter realizado tódolos estudios para a obtención do título académico.

b) Declaración baixo xuramento de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria.

c) Certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.1.4.

V.2. Os que tiveran a condición de funcionarios de carreira da Administración da Xunta de Galicia están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu comprimento.

V.3. Se dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, os aspirantes aprobados non presentasen a documentación esixida, ou do exame dela se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as actuacións correspondentes á súa participación nas probas selectivas, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.4. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos e formalidades esixidas na base V.1., os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, figurando na lista definitiva de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.5. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las prazas correspondentes.

V.6. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario

Oficial de Galicia, de conformidade coas previsións das leis 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VI. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos previstos e na forma establecida pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Estructura e desenvolvemento do proceso selectivo

1. O proceso selectivo estructurarase en seis exercicios, desenvolvéndose pola seguinte orde:

-O primeiro exercicio consistirá en expoñer oralmente, durante un tempo máximo de setenta minutos, dous temas de dereito civil; un de dereito mercantil; un de dereito hipotecario; dous de dereito procesual, un correspondente á primeira parte entre os temas 1 ó 28 e outro correspondente á segunda parte entre os temas 19 ó 53, e un de dereito do traballo. Os temas serán designados ó chou, expoñeranse pola orde indicada e o tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco minutos.

-O segundo exercicio consistirá na lectura ante o tribunal dun texto orixinal nun idioma comunitario elixido polo opositor na súa solicitude, así como na traducción do mesmo, para tal efecto o tribunal designará o texto sobre o que se practicará esta proba. Para a verificación deste exercicio o tribunal poderá ser asistido polos pertinentes asesores especialistas, designados polo mesmo.

-O terceiro exercicio consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudios equivalentes.

-O cuarto exercicio consistirá en expoñer oralmente, durante un tempo máximo de setenta minutos, dous temas de dereito constitucional, comunitario e autónómico, un do 1 ó 25 e outro do 26 ó 41; dous temas de dereito administrativo, un da parte xeral, do 1 ó 32 e outro da parte específica do 33 ó 64; dous de facenda pública, un da 1ª parte do 1 ó 14 e outro da 2ª parte do 15 ó 27, e un de dereito penal.

Os temas serán designados ó chou, expoñeranse pola orde indicada e o tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco minutos.

-O quinto exercicio, de carácter práctico e escrito, relativo ós temas de dereito civil, dereito mercantil, dereito hipotecario, dereito procesual e dereito laboral, sanitario e da seguridade social. Terá unha duración de cinco horas, podendo os opositores consultar textos legais e xurisprudenciais.

-O sexto exercicio, de carácter práctico e escrito, relativo ós temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, dereito administrativo, facenda pública e dereito penal. Terá unha duración de cinco horas, podendo os opositores consultar textos legais e xurisprudenciais.

Para prepara-la exposición oral dos temas correspondentes ós exercicios primeiro e cuarto, concederáselle ó opositor un tempo de dez minutos.

2. Os exercicios das probas selectivas cualificaranse de acordo coas seguintes normas:

2.1. A cualificación dos opositores farase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, que consignarán o nome e número do opositor, coa cualificación que merecese.

2.2. O número de puntos para a cualificación será de cero a cinco por cada tema nos exercicios teóricos, de 0 a 35 puntos polo conxunto do exercicio en cada un dos prácticos, e de cero a cinco puntos no exercicio de idiomas.

2.3. O opositor que en calquera exercicio non acade unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible, conforme o establecido no punto 2.2 anterior, quedará definitivamente eliminado das probas selectivas.

2.4. As cualificacións deberán facerse públicas ó final de cada sesión, cando se trate dos exercicios teóricos. Nos exercicios prácticos e no exercicio de idiomas publicaranse conxuntamente, despois de finalizar cada un dos ditos exercicios, podendo o tribunal utilizar para delibera-lo tempo que sexa necesario.

2.5. A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios.

ANEXO IV

Don/a... con domicilio en... e con DNI/Pasaporte... declara baixo xuramento ou promete, para efectos

de ser nomeado funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados, que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no Estado de..., que me impida o acceso á función pública.

En (país ou localidade)... de... de 2002.

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A PARA CUBRI-LO ANEXO II

* Instruccións xerais.

-Escriba soamente á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscadas.-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.-Non esqueza asina-lo impreso.-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.-Non e squeza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base 1.3.1 da convocatoria.-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez de se-lo caso.

* Instruccións particulares.

1. Non esqueza consigna-lo idioma comunitario ó que opta.