Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.171

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 308/2002, do 6 de novembro, polo que se dispón o cesamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1º, inciso segundo, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación de UGT-Galicia, José Carlos Rodríguez del Río.

Artigo 2º

Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación de UGT-Galicia, Eusebio Oreana Martínez.

Santiago de Compostela, seis de novembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente