Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.168

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 307/2002, do 7 de novembro, sobre axudas ós usuarios da A-9, entre Vigo e O Morrazo, residentes na provincia de Pontevedra e entre A Coruña e A Barcala residentes na provincia da Coruña.

O día 11 de xaneiro de 2002 publicouse o Decreto 419/2001 sobre axudas ós usuarios da A-9 entre Vigo e O Morrazo residentes na provincia de Pontevedra. Este decreto establecía un sistema novidoso de subvencións mediante unha tarxeta, facilitándolles ós usuarios e á Administración o seu uso e control. Á vista de cómo se desenvolveu durante o presente ano o proceso de axudas e da experiencia adquirida, é xa posible avalia-lo impacto que o citado decreto está tendo, polo que é preciso modificar e concretar determinados aspectos del co fin de resolver axeitadamente as variadas situacións ás que deu lugar.

Por outra banda os tráficos existentes entre as dúas marxes da ría da Coruña están condicionados pola existencia da peaxe na ponte da Barcala. Tendo en conta que neste caso tamén se dan unhas condicións sociais semellantes ás da ría de Vigo, preténdese amplia-los beneficios desta subvención ós usuarios habituais da A-9 entre A Barcala e A Coruña residentes na provincia da Coruña, coas mesmas condicións que para a peaxe de Rande.

Nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2003 incluirase na partida orzamentaria 06.03.413B 480 (transferencias correntes a familias), o importe de setecentos sesenta mil novecentos dezasete euros (760.917 A) para facer fronte a este gasto. Así mesmo, e de acordo cos convenios de colaboración establecidos, as deputacións de Pontevedra e da Coruña incluirán nos seus orzamentos unha partida específica co mesmo fin e polo importe de seiscentos sesenta mil novecentos dezasete euros (660.917 A) e cen mil euros (100.000 A) respecti-

vamente.

O presente decreto adáptase ó réxime xurídico das subvencións regulado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, e que modifica as disposicións do Decreto lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, polo Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O presente decreto desenvolverase, a partir de 2004, mediante ordes anuais que determinarán a contía dos recursos.

En virtude do anterior, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de novembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente disposición ten por obxecto regula-la subvención do custo da peaxe na autoestrada A-9, entre Vigo e O Morrazo para os residentes na provincia de Pontevedra e entre A Coruña e A Barcala para os residentes na provincia da Coruña, mediante subvencións directas ós particulares nas condicións que a continuación se establecen. O presente sistema artículase mediante unha tarxeta de débito, a través da cal se xestionará a subvención. En todo caso condiciónase o outorgamento da axuda á existencia de crédito orzamentario axeitado e suficiente.

Artigo 2º.-Bonificacións.

Bonificaranse ata oitenta viaxes ó mes a partir da primeira viaxe por tarxeta. A bonificación efectuarase tendo en conta o importe total da peaxe, IVE incluído, e afectará exclusivamente os itinerarios Vigo-O Morrazo e O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala e A Barcala-A Coruña. O dereito a percibi-la subvención nace unha vez realizada a viaxe nas condicións establecidas e exclusivamente mediante o uso da tarxeta.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Un.-Condicións.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas que posúan as seguintes condicións:

a) Estar empadroado en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra ou da Coruña respectivamente.

b) Ser titular dun vehículo polo que se pague o imposto sobre vehículos de tracción mecánica nos mencionados concellos. Enténdense por titulares dun vehículo para efectos desta norma, ademais dos propietarios, os usuarios de tales vehículos que teñan unha autorización de uso do propietario. Non obstante expedirase unha soa tarxeta por vehículo, polo que o propietario deberá renunciar de forma expresa a esta axuda.

c) Estar ó día das súas obrigas tributarias coa Administración estatal, autonómica, local e da seguridade social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Os solicitantes das axudas deberán ter unha conta soporte de tarxeta na que deberán facerse os cargos e aboamentos, se é o caso, correspondentes ó sistema.

Dous.-Documentación.

Para a obtención da tarxeta, de acordo co artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e co artigo 41, tres, f) da Lei de orzamentos

xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, os solicitantes, exclusivamente personas físicas, deberán presenta-la seguinte documentación:

-Solicitude de axuda normalizada, segundo o modelo que figura no anexo.

-Fotocopia do DNI.

-Fotocopia do documento expedido polo banco ou caixa onde figuren os datos referentes á conta soporte da tarxeta.

-Declaración expresa de que o solicitante non recibe ningunha outra axuda ou subvención concorrente coa que regula o presente decreto, segundo modelo que figura no anexo.

-Certificado expedido polo órgano competente que acredite o empadroamento en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra ou da Coruña, segundo o caso.

-Copia cotexada do recibo ou certificado xustificante do pagamento do imposto de vehículos de tracción mecánica do último período impositivo.

Cando o solicitante da axuda non sexa o propietario do vehículo, deberá presentar ademais:

-Copia cotexada do permiso de circulación do vehículo.

-Autorización do propietario ó solicitante da tarxeta para uso do vehículo, segundo o modelo que figura no anexo.

-Renuncia expresa do propietario do vehículo a solicita-la axuda regulada neste decreto. Figura modelo desta renuncia no anexo.

Non obstante, a documentación necesaria para a solicitude da tarxeta poderá variar segundo as esixencias que recollan as leis de orzamentos ou sobre axudas e subvencións.

Tres.-Tarxeta.

Expedirase unha tarxeta por cada persoa física.

Cada vehículo só poderá xustifica-la solicitude dunha soa tarxeta.

A entidade financeira colaboradora poderá cobrar ós solicitantes da tarxeta unha cota, que se concretará no correspondente convenio, tanto no caso de emisión como de renovación, mediante cargo na conta soporte no momento da súa entrega en concepto de gasto de expedición ou de renovación da tarxeta.

Igualmente os beneficiarios da subvención deberán estar ó día de tódolos pagamentos da peaxe por utilización da autoestrada A-9 e en especial os que se efectúen coa mencionada tarxeta e que queden á marxe da subvención. O incumprimento desta condición será causa automática de anulación da tarxeta, perdendo o dereito a percibi-la subvención en tanto permaneza a débeda.

Artigo 4º.-Xestión.

A xestión das axudas previstas realizarase a través da entidade ou entidades colaboradoras, que será unha entidade financeira, que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra nun caso e a Deputación Provincial da Coruña noutro acorden en función dunha mellor operatividade, interese social, solvencia e implantación xeográfica. A entidade financeira elixida será a responsable de chegar a un acordo de xestión coa empresa concesionaria da autoestrada, sen que esta teña que soportar custos adicionais ós actuais para outros emisores de tarxetas.

Un.-Solicitude.

A solicitude da tarxeta, que implicará a da subvención, presentarase, xunto coa documentación requirida, ante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou en calquera das formas previstas pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco meses, comezará o un de novembro do ano anterior para o que se solicite a tarxeta e ata o 31 de marzo seguinte.

Dous.-Resolución e recursos.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda resolverá expresamente sobre a procedencia do outorgamento da subvención e da tarxeta, as cales, subvención e tarxeta, terán validez durante o ano natural, tendo que renovala a partir do un de novembro de cada ano presentando de novo a documentación antes requirida. Transcorridos dous meses desde a presentación da solicitude sen que se recibira contestación poderá entenderse desestimada. O solicitante deberá indicar un enderezo para efectos de notificacións. Unha vez resolta favorablemente a solicitude, a Xunta de Galicia notificará a entidade colaboradora para que proceda ó envío da tarxeta ó particular. A subvención terá efectividade en todo caso e unicamente mediante o uso da tarxeta específica á que se refire este decreto.

O órgano competente para dicta-la resolución será o director xeral de Obras Públicas. Contra a resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación.

O director xeral de Obras Públicas resolverá tamén mensualmente sobre a procedencia do aboamento que hai que efectuar e transferirase o importe deste á entidade colaboradora, durante os cinco días seguintes á recepción da documentación enviada por esta.

Así mesmo, o director xeral de Obras Públicas notificará a Deputación Provincial de Pontevedra e a Deputación Provincial da Coruña respectivamente, sobre as resolucións adoptadas para que procedan do mesmo xeito. As deputacións poderán solicitarlle á consellería a documentación que xustificou o paga

mento, para realiza-las comprobacións que estimen oportunas.

Tres.-Liquidación.

Con obxecto de realiza-los pagamentos, a entidade colaboradora facilitaralle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mensualmente, en soporte informático e antes do seu aboamento.

1. Unha listaxe cos seguintes datos:

-Número da tarxeta.

-Nome e apelidos do titular.

-DNI.

-Enderezo.

-Número de viaxes realizadas.

-Importe total das viaxes.

-Importe do aboamento subvencionable.

2. Toda a información recibida da empresa concesionaria sobre o uso da autoestrada.

Artigo 5º.-Aboamento.

A operación de aboamento efectuarase por meses vencidos, despois que a empresa concesionaria, no marco do acordo acadado, liquide as cantidades correspondentes ó uso de cada tarxeta, identificando os pasos subvencionables e os non subvencionables. Os usuarios da tarxeta faranse cargo dos conceptos que queden á marxe da subvención. Unha vez realizadas as viaxes nas condicións establecidas, a consellería e as deputacións aboarán os importes correspondentes á entidade colaboradora e esta fará o propio a favor da concesionaria. En todo caso, a entidade colaboradora terá dereito a percibir da Xunta de Galicia e das deputacións as cantidades subvencionables aboadas á sociedade concesionaria.

Os beneficiarios serán notificados mensualmente dos movementos que se xeren na conta soporte con motivo do uso da tarxeta indicando:

-Período de facturación.

-Nome e apelidos do titular.

-Número da tarxeta.

-Número de viaxes realizadas.

-Importe total das viaxes.

-Importe total da subvención.

-Importe das viaxes non subvencionables.

Cada usuario poderá conserva-los comprobantes de paso se quere cotexa-lo contido da liquidación practicada, na cal constará a citada información.

Artigo 6º.-Incumprimentos.

A entidade colaboradora remitirá a documentación e informará a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda sobre o uso fraudulento da tarxeta ou do incumprimento das condicións esixibles para o outorgamento da subvención, resolvendo a consellería expresamente de acordo á normativa vixente. O órgano competente para dicta-la resolución denegatoria por parte da Administración autonómica será o director xeral de Obras Públicas. Contra a resolución denegatoria da consellería poderá

interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación.

Artigo 7º.-Facultade de inspección.

Tanto a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda como as deputacións de Pontevedra e A Coruña, se é o caso, poderán realizar tódalas inspeccións ou comprobacións que se consideren oportunas para verifica-la exactitude dos datos achegados e a realización do obxecto da subvención.

Artigo 8º.-Garantías.

O incumprimento das condicións establecidas para o outorgamento da subvención suporá, ademais das sancións que puideran corresponder, a obriga de reintegro da axuda percibida, incrementada co xuro legal correspondente desde o seu aboamento.

Os beneficiarios quedan obrigados a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 9º.-Incompatibilidade.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas para o mesmo fin outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Artigo 10º.- Entidades colaboradoras.

As entidades colaboradoras seleccionadas, que deberán ser entidades financeiras con probada solvencia, deberán cumprir coas esixencias recollidas para elas na Lei 8/1999, do 30 de decembro, que modifica as disposicións do Decreto lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición transitoria

As solicitudes de renovación de tarxetas regularanse polo presente decreto. Para os solicitantes de renovación de tarxeta outorgada durante 2002 que presenten a súa solicitude de renovación antes do 31 de decembro deste ano, non será necesaria a presentación do certificado de empadroamento á que se fai referencia no artigo 3º-dous.

As solicitudes de tarxeta formuladas ó abeiro do Decreto 419/2001 que tiveron entrada na consellería a partir do mes de agosto de 2002, poderán tramitarse, así mesmo, de acordo co establecido neste decreto como solicitudes de tarxeta para 2003, e estimando para elas como suficiente a documenta

ción esixida neste decreto agás a fotocopia do DNI e do documento expedido polo banco ou caixa onde figuren os datos referentes á conta soporte da tarxeta.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, as axudas previstas neste decreto producirán efectos económicos durante o ano 2003, para o que se consignarán as correspondentes partidas orzamentarias na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na Deputación Provincial de Pontevedra e na Deputación Provincial da Coruña. No proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2003 prevese a partida 06.03 413B 480.0 para este fin, dotada con 760.917 A.

En anos sucesivos dictaranse as correspondentes ordes onde -logo de convenio entre a consellería e a deputación correspondente- se recolla o financiamento de cada exercicio. En todo caso entenderase limitada a subvención á existencia de crédito suficiente en cada exercicio.

Santiago de Compostela, sete de novembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda