Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.171

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 309/2002, do 6 de novembro, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo 3º, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo) e nos artigos 8º e 9º e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméase como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación de UGT-Galicia, a Javier Otaño Ballesteros.

Artigo 2º

Noméase como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación de UGT-Galicia, a Julia Martínez González.

Santiago de Compostela, seis de novembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA