Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.160

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO.

En cumprimento do establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, Xestur Lugo anuncia a convocatoria de selección de persoal laboral fixo correspondente ás seguintes categorías:

Denominación: 1 técnico responsable xurídico. Titulación: licenciado en dereito.

Denominación: 1 técnico responsable económico. Titulación: licenciado en economía ou en administración e dirección de empresas.

As bases íntegras da convocatoria atópanse á disposición dos interesados nas oficinas de Xestur Lugo; praza de Santo Domingo, nº 6, 5º. 27001 Lugo. Teléfono: 982 28 40 25; e-mail: xestur*xesturlugo.com.

O prazo de presentación de solicitudes rematará transcorridos 10 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Jorge Carballeira Fernández

Director xerente de Xestur Lugo