Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO da convocatoria de concurso para a adxudicación da asistencia técnica para a realización dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía Dixital do Concello de Ribadavia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ribadavia. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución dos traballos de asistencia técnica para a realización dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía Dixital do Concello de Ribadavia de acordo cos pregos de cláusulas técnicas particulares.

b) Lugar de execución: Concello de Ribadavia (Ourense).

c) Orzamento do contrato: 80.885,72 euros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: (só adxudicatario): 4% do prezo de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ribadavia. b) Domicilio: Praza Maior, s/n. c) Localidade e código postal: Ribadavia, 32400. d) Teléfono: 988 47 71 00. e) Fax: 988 47 71 01. f) Data límite de obtención de documentación: o da décimo terceiro día (13 días naturais), desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (se o derradeiro día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o seguinte día hábil).

6. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día (13 días naturais), desde o seguinte a derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (se o derradeiro día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o seguinte día hábil).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada, presentarase consonte o establecido no prego de cláusulas administrativas que rexen o concurso.

c) Lugar de presentación: os mesmos datos do punto 5.

7. Apertura de ofertas.

a) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida en sábado, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día hábil posterior.

b) Hora: 12 horas.

8. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados no prego de contratación.

b) Consulta de documentación: nas dependencias municipais.

9. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Ribadavia, 31 de outubro de 2002.

José Pérez Iglesias

Alcalde