Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o expediente de modificación nº 3 das normas subsidiarias e complementarias de Marín que ten por obxecto regula-las condicións de uso e de edificación no ámbito de solo urbano que figura nas normas como zona que deberá ordenarse a nivel urbanístico conveniente e que será destinada a dotación e equipamentos, sométese ó trámite de información pública durante un mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de que, durante o citado período poidan formularse alegacións. Durante o mesmo prazo de tempo poderase consulta-lo expediente na secretaría do concello en horario das 8 ás 14 horas de luns a venres e das 9 ás 13 horas os sábados.

Marín, 11 de novembro de 2002.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente