Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Padroado Museo, biblioteca e casa de cultura de Seixo.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 561/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución da obra fase 5ª do proxecto modificado do proxecto de reforma e acondicionamento interior da biblioteca pública municipal.

Lugar de execución: Marín.

Prazo de execución: tres semanas (3).

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 51.131 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

A documentación atópase na secretaría do Concello de Marín.

Enderezo: avda. de Ourense, s/n.

Localidade e código postal: Marín (Pontevedra), 36900.

Teléfono: 986 88 03 00 ou 986 88 03 04.

Telefáx: 986 88 20 13.

Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (DOG ou BOP).

Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: punto 6 deste anuncio.

8. Apertura de ofertas.

Enderezo e localidade: punto 6 deste anuncio.

Data e hora: ás 13 horas do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, excepto que coincida en sábado, no que o acto se celebrará o día seguinte hábil á mesma hora.

9. Gasto do anuncio: por conta do adxudicatario.

Marín, 4 de novembro de 2002.

Antonio Santiago Fernández

Presidente do Padroado